-

Benvidos a esta sección que desexariamos que non fose necesaria. A presenza nos centros educativos dos Equipos de Normalización Lingüística fala ben ás claras da situación de non normalidade lingüística.

Con todo, e desde a consciencia de sermos unha sociedade diglósica, trataremos de potenciar e normalizar o emprego da lingua propia dos galegos no noso centro educativo; tamén pretendemos mellorar a consideración que certos sectores do centro teñen cara á lingua de xeito que a entenden como lingua non válida para os usos coidados e cultos. En definitiva queremos que o galego teña presenza no centro, pero non só nos recreos, corredores e sala de profesores, senón tamén nas aulas, aulas-taller e despachos.

Xa sabedes QUE SE FALE GALEGO DEPENDE DE NÓS.


  Arquivos publicados:


¡¡¡Non se publicaron arquivos!!!


         

Portal Educativo Comisión Europea Contactar con C.S. Ingeniería Condicións de uso Lei de privacidade