Presentación
O CIFP Carlos Oroza é un centro educativo público dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que imparte formación de ciclos pertencentes ás familias profesionais de Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias.

O noso centro iniciou a súa andadura como centro educativo no ano 1996. Dende esa data e ata o momento actual pasou por diferentes etapas que se iniciaron sendo un IES (Instituto de Ensino Secundario) e no ano 2004 cambia a súa denominación pola actual de CIFP Carlos Oroza, xa que é acreditado como Centro Integrado de Formación Profesional para contribuir á necesidade de abranguer a formación regrada, a ocupacional e a contínua.
Está situado na zona periférica do municipio de Pontevedra, capital da provincia homónima. As súas instalacións atópanse dentro da Cidade Infantil Príncipe Felipe, estando ben comunicadas co centro da cidade por estar moi preto do Hospital de Montecelo.
Pola proximidade tanto do centro da capital de provincia, como das comarcas do Morrazo e do Salnés, sendo esta última unha referencia no turismo galego, existe unha gran demanda de profesionais especializados no sector da hostalaría xa que cada vez é máis útil ter unha formación especializada e completa pola crecente demanda deste perfil técnico por parte dos empresarios do sector da hostalaría e do turismo.
