Self service

SELF SERVICE NO CIFP CARLOS OROZA

O alumnado do centro implicado no desenvolvemento do servizo ten a posibilidade de facer uso dun self-service que se ofrece nun dos aulas taller do centro. Este servizo ten un custe de 3 euros diarios para cada alumno e inclúe unha pequena variedade de primeiros e segundos pratos, postres, pan e auga.

Os grupos de alumnado que poden facer uso do self service son os que realicen o servizo do aula taller restaurante Álvaro Cunqueiro e os grupos que teñen clases prácticas ata as 16 ou 16.30 horas.

Cada grupo estará acompañado dun profesor que velará polo correcto desenvolvemento da actividade no aula de self service durante a comida. Este é un servizo ofrecido polo centro e voluntario para o alumnado.