FCT
O módulo de Formación en centros de traballo (FCT) é un módulo de carácter obrigatorio para tódolos ciclos formativos e se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Neste módulo tratarase de aplicar as competencias profesionais adquiridas no centro ás actividades que se realizan en cada centro de traballo.
O módulo de FCT desenvólvese de xeito ordinario no último trimestre do 2º curso de cada ciclo, no período de abril a xuño e a súa duración para ciclos LOE é de 410 horas nos ciclos medios e 384 horas nos ciclos superiores.
Este módulo pode ser convalidado pola súa correspondencia coa experiencia laboral, debéndose acreditar un ano de traballo a tempo completo ou os días de cotización equivalentes a un ano a tempo completo no caso de contratos a tempo parcial. Para informarse desta posibilidade e os seus requerimentos, debe consultarse co xefe do departamento de Relacións con Empresas, Francisco Pérez Cotelo.
INFORMACIÓN PARA AS EMPRESAS
Para ser colaborador co noso centro no desenvolvemento das prácticas, as empresas interesadas deberán contactar co xefe do departamento de Relacións con Empresas, que lles informará sobre o procedemento a seguir.
Algunhas das empresas colaboradoras co noso centro no desenvolvemento do módulo de FCT as relacionamos a continuación:
- Gran Hotel de la Toja
- Hotel Galicia Palace
- Hotel Rias Baixas
- Hotel NH Palacio de Vigo
- Hotel Carril de Vilagarcía
- Restaurante Casa Solla
- Restaurante Casa Román
- Restaurante Allo e Aceite
- Restaurante Rúas
- Panadería pastelería Ankarr de Vilagarcía
- Panadería Pondal
- Pnadería A Devesa
- Patronato Turismo Rías Baixas
- Concello de Pontevedra
- Concello de Poio
- Concello de Sanxenxo
- Concello de Cambados
- Paradores de Turismo de España
Ademais das anteriores, outras moitas empresas colaboran co CIFP Carlos Oroza no desenvolvemento das prácticas do alumnado nos diferentes ámbitos produtivos relacionados cos ciclos formativos que impartimos.
