Bolsas e axudas

  O Ministerio de Educación do Goberno de España convoca cada ano becas e axudas para o estudio nas diferentes etapas educativas. Para os estudantes de Formación Profesional se establecen becas de diferentes cuantías e tipos en función das características persoais e familiares do solicitante. Dende hai varios anos este procedemento se fai dende a páxina web do Ministerio: www.educacion.gob.es. Pódese obter información sobre requisitos, cuantías, documentación a presentar, etcétera en dita páxina. O prazo para a presentación para estudios non universitarios remata o 30 de setembro.

Actualización: Amplíase o prazo ata o día 7 de outubro.

Máis información:

http://www.educacion.gob.es/educacion/becas-y-ayudas/para-estudiar.html

http://www.edu.xunta.es/web/taxonomy/term/64%2C117/all

http://www.ef.com.es/becasmec/

http://becas.universia.es/es/index.jsp