Alumnado

 O alumnado que estuda no noso centro procede basicamente de Pontevedra e arredores, así como das comarcas do Salnés, Morrazo, e Caldas, e en menor porcentaxe das de Vigo e Baixo Miño.

 O número máximo de alumnos por grupo é de 30 nos ciclos de Servizos en Restauración, Xestión de Aloxamentos Turísticos e Guía, Información e Asistencia Turísticas e 22 no resto dos ciclos.

Como características máis destacadas do alumnado, temos que dicir que son fundamentalmente alumnos e alumnas con motivación para o traballo; teñen en xeral ganas de acceder rapidamente ó mundo laboral, polo que os ciclos formativos soen dar resposta ás súas expectativas.

Moitos dos alumnos xa teñen experiencia laboral dalgún tipo, ben porque a súa familia se dedica ó mundo profesional da hostalería, ben porque fixeron traballos esporádicos nalgunha época do ano. Así mesmo, é habitual que, conforme avanza o curso, traballen nas fins de semana en actividades relacionadas co seu perfil profesional.

As idades son moi diversas: hai alumnos dende os 16 anos en adiante, e é fácil que nun mesmo aula convivan xente adolescente con xoves e incluso maiores de 30 anos. Nos ciclos superiores hai incluso  alumnado que xa rematou ou está a piques de rematar algunha carreira universitaria.

Polo que respecta ó sexo, a porcentaxe de homes e mulleres está máis ou menos equilibrada (42,5% homes e 57,5% mulleres no curso 2010-2011), aínda que hai ciclos que poderíamos chamar maioritariamente femininos: especialmente Guía,Información e Asistencia Turísticas e Xestión de Aloxamentos turísticos, onde esta porcentaxe é de arredor dun 20% homes e o 80% mulleres..

En canto á lingua, a maioría é castelán falante, aínda que academicamente desenvólvense por igual en ambos idiomas, galego e castelán.