Relación con empresas
Submitted by Anónimo on Mar, 07/26/2011 - 13:11
O departamento de Relación con empresas, cuxa xefatura exerce o profesor Francisco Pérez Cotelo, está composto polos titores e titoras de formación en centros de traballo, que na actualidade son os seguintes:
- C.M. Cociña e Gastronomía: Ana Area Gómez
- C.M. Servizos en Restauración: José Manuel Rey Castro
- C.M. Panadaría, Repostaría e Confeitaría: Manuel Patiño Carou
- C.S. Restauración: Marta Abad Maquieira e José Manuel Rey Castro
- C.S. Información e Comercialización Turísticas: Maria José Lores Baena
- C.S. Xestión de Aloxamentos Turísticos: Ana Beatriz López Viqueira e Pilar Novelle González.
As principais competencias deste departamento son:
- Establecer relacións para a concreción dos convenios de colaboración coas empresas do ámbito socioprodutivo para a realización de actividades do centro integrado e o módulo de formación en centros de traballo.
- Potenciar a inserción laboral do alumnado do centro
- Difundir e promover o coñecemento das cualificacións adquiridas a través da formación impartida no centro integrado.
