Información e Orientación Profesional
No CIFP Carlos Oroza existe un Departamento de Información e Orientación Profesional, que está constituído polo orientador, unha profesora do departamento de Hostalería e turismo, unha do departamento de Industrias alimentarias e unha do departamento de Formación e Orientación Laboral.
As competencias do departamento veñen recollidas no Regulamento Orgánico dos Centros Integrados de Formación Profesional, pero por facer un resumo, as nosas funcións son:
► Informar sobres as diferentes opcións académicas e profesionais ao noso alumnado ou a calquera persoa que consulte.
► Colaborar na información e orientación aos participantes no proceso de acreditación de competencias.
► Organizar actividades, charlas, sesións informativas conducentes a mellorar o coñecemento das oportunidades laborais e formativas e do emprendemento.
► Xestionar a bolsa de emprego, establecendo medios para que as ofertas de emprego sexan coñecidas polo noso alumnado.
► Colaborar cos titores e co resto do profesorado na detección de problemas de aprendizaxe.
Ocupacións e postos de traballo máis relevantes dos títulos que ofertamos no noso centro.
| Panadaría, repostaría e confeitaría | Panadeiro/a; elaborador de bolaría; elaborador de masas e bases de pizza; pasteleiro; elaborador e decorador de pasteis; confiteiro; reposteiro; elaborador de sobremesas en restauración. |
| Cociña e Gastronomía | Cociñeiro/a; Xefe de partida. |
| Servizos en restauración | Camareiro/a de bar, cafetería ou restaurante; xefe de rango; barman; axudante de somelier. |
| Dirección de cociña | Director/a de cociña; director de alimentos e bebidas; xefe de producción en cociña; segundo xefe de cociña; xefe de partida; cociñeiro. |
| Guía, información e asistencia turísticas | Guía local; guía acompañante; informador turístico; xefe de oficiña de información; promotor turístico; asistente en terminais e medios de transporte; asistente en feiras, congresos e convencións. |
| Xestión de aloxamentos turísticos | Recepcionista; xefe de recepción; encargado de reservas; gobernante ou subgobernante da sección do servizo de pisos e limpeza; xestor de aloxamento en residencias, hospitais, casas rurais; coordinador de eventos; comercial de establecementos de aloxamentos turísticos |
Se desexas máis información sobre as ensinanzas impartidas no noso centro, sobre acreditación de competencias ou sobre calquera outro aspecto relacionado coa información profesional, podes contactar a través do correo electrónico: orientacion@cifpcarlosoroza.es
