Localización

O CIFP Carlos Oroza forma parte dunha edificación situada na Cidade Infantil Príncipe Felipe, na Avenida Montecelo nº 16.

As coordenadas GPS do noso centro son: +42° 25' 38.98", -8° 37' 1.56"

Existe transporte urbano entre a cidade de Pontevedra e o Hospital de Montecelo, que queda a uns metros do noso centro. Esta liña sae da Estación de autobuses, con parada na Praza de Galicia e detrás do Hospital Provincial. Os horarios pódense ver na páxina web da compañía de transporte www.monbus.es ou no teléfono 902 29 29 00.

Ademais, existe unha liña denominada "Príncipe Felipe Escolar" que sae da estación de autobuses, de luns a venres ás 8.15 horas.