 |
 |
 |
 |
|

Se vostede desexa poñerse en contacto connosco para calquera tipo de consulta pode facelo de moitas maneiras diferentes. De vostede dispor dunha conta de correo configurada no seu programa de correo predeterminado pode facelo pinchando aquí.

Caso de non dispoñer dunha conta de correo, pode facelo pinchando aquí e enchendo o noso formulario de contacto.
De dispor dunha conta de correo web pode poñerse en contacto connosco enviando o e-mail á dirección: cifp.carlos.oroza@edu.xunta.es.
Se vostede, ou a súa empresa, desexa poñerse en contacto connosco para solicitar persoal de Hostalaría consulte a nosa sección de espazo para empresas.
O noso instituto está situado nos arredores da cidade de Pontevedra, a carón do Hospital de Montecelo. Aínda que temos un edificio independente estamos situados dentro das instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe, pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra.
Para chegar facilmente ao CIFP Carlos Oroza o mellor é tomar un dos autobuses que cada hora sae da estación de autobuses con dirección ao Hospital de Montecelo. Tamén se poden tomar nalgunha das paradas que fan no casco urbano de Pontevedra (na Xefatura Provincial de Tráfico, detrás do Hospital Provincial ou na que está na avenida de Lugo).
Tamén se pode usar o servizo de taxi, cun custo de arredor de 4 euros 50 céntimos o servizo.
Para chegar en automóbil hai que coller a estrada de Ourense e desviarse cara ao Hospital de Montecelo á dereita no cruce de Mourente.
No caso de chegar por autoestrada hai que se desviar na saída de Ourense e na rotonda de O Pino tomar a dirección cara Ourense ata chegar á rotonda de Marcón, nela hai que desviarse cara ao Hospital de Montecelo.
| |
 |
|

 | |
 |