-

Como parte esencial das prácticas dos alumnos dos ciclos de restauración, cociña, servizos e panadaría–pastelaría, no noso centro hai un aula taller aberta ao público – O Restaurante Álvaro Cunqueiro - que funciona normalmente de luns a venres. O restaurante pode acoller arredor de 50 ou 60 comensais cada día; o horario de funcionamento acostuma a ser de 14:00 a 15,45 horas (pero non se pode acceder a el mais tarde das 14,30 horas).

Ao ser un aula práctica hai algunhas normas que se deben respectar:

• Non está permitido fumar nin utilizar o teléfono móbil dentro do restaurante.

• É moi importante respectar o horario de entrada e o horario de saída, xa que non se debe esquecer que o servizo está realizado por alumnos e alumnas en prácticas.

Normalmente ofrécese dous tipos de servizos aos comensais -menú e carta-, aínda que dependendo da programación semanal dos profesores hai ocasións nas que pode haber outro tipo de servizos: mesas imperiais, menús concertados, menús degustación, brunch, etc.

Outro dos servizos dos que poden facer uso os alumnos do centro é o da cafetaría; nela diariamente poden entrar arredor de 60 clientes (alumnos e profesores dos ciclos que están directamente implicados no servizo do día). A oferta está formada por pratos combinados, bolería, bocadillos e bebidas quentes e frías; todo elo realizado polos alumnos que están nas prácticas nos diferentes talleres.

O Self-service funciona tamén como un servizo independente e nel poden xantar do orde de 40 ou 50 alumnos e profesores que están “en servizo”, sendo os que logo se encargan do funcionamento do restaurante Álvaro Cunqueiro.


O centro non se fai responsábel dos días nos que, por causas alleas á organización, non poida realizarse ou teña que suspenderse calquera dos servizos ofertados.


Para máis información pódese acudir aos teléfonos do centro, ao e-mail ou na zona da páxina web contacto.

Oferta do restaurante Álvaro Cunqueiro:


¡¡¡Non se publicaron arquivos!!!



Portal Educativo Comisión Europea Contactar con C.S. Ingeniería Condicións de uso Lei de privacidade