RESTAURANTE ÁLVARO CUNQUEIRO

O restaurante Álvaro Cunqueiro é un aula do centro, no que o alumnado de Ciclo Superior de Dirección de Servizos en restauración, Ciclo Medio de Servizos en Restauración e Ciclo Básico de Cociña e Restauración, realizan as súas prácticas de servizo de atención ao cliente no restaurante e por alumnado de Cociña e Gastronomía ou Dirección Cociña, e Panadería, repostaría e confeitaría, na parte de elaboracións culinarias e sobremesas respectivamente.

O noso centro pon á disposición de toda a comunidade educativa e mesmo a persoas alleas ao centro un servizo de comedor.

Neste curso 2022-2023 desenvolverase o servizo a partir das datas que se propoñan desde o departamento de Hostalaría e Turismo.

Por tratarse dun aula na que no momento do servizo estase a impartir unha clase, ten unhas normas de uso que especificamos a continuación, e son de obrigado cumprimento para calquera dos usuarios do mesmo:

· A entrada no aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse antes das 14.30 horas. Non se permitirán entradas no mesmo a partires de dita hora.

· A saída do aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse como máximo ás 16.15 horas, xa que a hora de remate das clases é as 17.00 horas e o alumnado necesita dun tempo para recoller e cambiarse.

· Non se permite o uso do teléfono móbil durante a estancia do usuario no aula taller. Para usalo, pregamos se salga da aula.

· Terase en conta en todo momento que o alumnado que realiza o servizo está en clase polo que terase que respetar ao máximo o traballo e as actividades que se estén a realizar durante o mesmo.

· Os prezos do servizo de comedor fixaranse ao comezo de cada curso e non se admiten propinas. O prezo do menú ordinario o curso 2022-2023 é de 12 euros.