20160303_101700 | por CIFPCARLOSOROZA

No curso 2012-2013 nace o certame  Suso Domínguez, un concurso de sumillería no que o alumnado de diferentes áreas xeográficas mide as súas destrezas adquiridas no ámbito dos viños.

O primeiro ano rendeuse unha homenaxe por parte de todos os centros de Galicia, da familia profesional de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias, reuníndose para lembrar ao compañeiro que tamén foi xefe de estudos do CIFP Carlos Oroza.

As actividades programadas para homenaxear ao profesor de Servizos e Restauración comezaron coa inauguración da aula taller que leva o seu nome e cun xantar que reuniu a familiares, compañeiros, e autoridades educativas.

O concurso de sumilleres, de carácter anual, levará o seu nome.

Accede ás novas:

La Voz de Galicia

Televisión de Galicia (Minutos 38-45)