“Para ti, para min, para todos”. Proxecto onde o centro promove o turismo inclusivo e accesible ás persoas que presenten necesidades especiais en materia de mobilidade, orientación, e comunicación en situacións comúns e transversais aos diversos sectores nos que están organizados os servizos turísticos.
O CIFP Carlos Oroza, no seu afán de innovar e crear novos produtos turísticos, prentende a través das súas ensinanzas incluir a todos os colectivos para os que na actualidade non existen productos adaptados. Nesa línea de traballo xurdeu a colaboración con moitas asociacións : OID, organización impulsora do discapacitado, de ASPS, asociación de persoas sordas, ASEM, asociación galega das enfermedades neuromusculares, asociación ALBA e ONCE entre outras.
Trala formación impartida por elas ao alumnado, son éstes quen amosan o aprendido coa creación dun produto turístico adaptado, co obxetivo de satisfacer a demanda de novos segmentos turísticos, e coa inclusión no punto de mira.
A actividade PONTEONCE, visita guiada e xantar adaptado, foi unha das colaboracións nesta nova línea de formación. O éxito foi tal, que foron moitos os medios de comunicación que se fixeron eco da nova:
INTERPRETACIÓN TÁCTIL DO ESCUDO DE PONTEVEDRA
LECTURA EN BRAILLE DUN POEMA DE CASTELAO
4 Sentidos y un 5º moi desenvolvido: o da proximidade e o de querer romper barreiras. O alumnado de 2º do C.S. de Guía, información e asistencia turísticas, deixaron un bo sabor de boca, o de futuros profesionais con retos novos. Nesta ocasión, en colaboración coa ONCE fixeron de guías para un grupo de persoas con discapacidade visual. Na visita tamén participaron autoridades das diferentes administracións turísticas utilizando gafas de simulación. Xuntos, no remate da visita guiada á zona vella de Pontevedra, tiveron a ocasión de disfrutar dun magnífico xantar especialmente deseñado e elaborado polo alumnado do C.M. de Cociña e gastronomía, e o C.M. de Panadaría, repostaría e confeitaría. O servizo tivo lugar na aula restaurante Álvaro Cunqueiro a cargo do alumnado do C.M. de Servizos en Restauración, quen tamén amosaron as destrezas de atención a invidentes, adquiridas no curso de formación a cargo da ONCE.