O proxecto de innovación PonteVan: FP na rúa persegue un APRENDIZAXE COLABORATIVO entre o alumnado de formación profesional de 4 centros educativos da cidade de Pontevedra que lles permitirá coñecer novas saídas profesionais relacionadas coa produción de comida na rúa, a través do acondicionamento dun vehículo denominado “food-truck” (do inglés, “camión de comida”). Este vehículo de comida, Pontevan, utilizarase para achegar á sociedade información sobre hábitos alimenticios saudables, menús adaptados para colectivos específicos ou promocionar a formación profesional como vía para o emprendemento.
Os centros educativos e as familias profesionais relacionadas co proxecto son:
- CIFP A Xunqueira. Familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos (Transformación dun vehículo convencional nun vehículo de comida na rúa)
- IES Frei Martín Sarmiento. Familia profesional de Sanitaria (Estudo de menús saudables)
- IES Montecelo. Familia profesional de Artes Gráficas (Deseño, elaboración e rotulación do vehículo)
- CIFP Carlos Oroza. Familia profesional de Hostalaría e Turismo (Procesos de producción dunha oferta gastronómica)
Por outra banda, contamos coa colaboracion de entidades e empresas privadas que apostan e apoian a innovación neste proxecto: Fagor, Martínez Otero Contract, Universidade de Vigo, Quantum Innovative, S.L. (Cimalab) … Esta colaboración privada realizarase a través de achegas de material e equipamento necesarios para a posta en marcha do vehículo de comida: electrodomésticos, utensilios de cociña, uniformidade…
Aquí deixámoste unha pequena presentación sobre o proxecto.
Podes atopar máis información no blog PonteVan:FP na rúa
Síguenos en twitter @PonteVan
#FPnarúa