O proxecto Obtención e caracterización de fibras vexetais para ser utilizadas como ingrediente alimentario, premiado con 24.975,00 €, conta coa colaboración do IES Montecelo e a empresa Porto-Muíños S.L., coa pretensión de conseguir un ingrediente alimentario que poda abrir unha opción de innovación máis ás algas mariñas e verduras, materia prima rica en fibras comestibles e de grandes cualidades organolépticas que poderían supoñer unha apertura novidosa á industria alimentaria.
O proxecto que se encontra na fase de investigación conta tamén coa colaboración dun laboratorio da Universidade de Santiago de Compostela.