Enlace á páxina web do proxecto

lapa-6

O proxecto Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa,  coa participación da Confraría de Pescadores de San Xosé de Cangas, ten por obxeto estudar os posibles usos culinarios da lapa co fin de abrirlle camiño na súa comercialización. Ese molusco é consumido en comunidades como Canarias ou Asturias, pero esquecido na nosa.

O principal propósito do proxecto é a investigación co alumnado no desenvolvemento de oportunidades de consumo desta especie de molusco, contemplando tres liñas de actuacións básicas:

  • O estudo das peculiaridades do ciclo vital e da colleita da Patella spp (lapa).
  • A investigación e desenvolvemento de métodos de preelaboración, elaboración, conservación e cociñado da patella spp.
  • A colaboración na creación dunha microempresa colaborativa cuxos principais fins serán o da extracción, comercialización en cru e finalmente a distribución elaborada da patellla mediante diversas fórmulas nun local de hostalaría especializado neste produto

Para levar a cabo o proxecto, contamos co apoio de diferentes colaboradores, entre os que destacan a labor da Confraría de Pescadores de San Xosé de Cangas e da empresa de análise sensorial TasteLab. Esta última súmase ao proxecto para realizar estudos con consumidores, avaliar a aceptabilidade sensorial e determinar cal é o valor percibido polo potencial consumidor deste molusco.

Da longa tarea de investigación e desenvolvemento dos usos culinarios a base de lapa seleccionáronse tres receitas que se escolleron para a realización de catas en Pontevedra, Santiago e Lugo. Cuestionarios, entrevistas e táboas de composición revelaron datos sobre a aceptación e valoración destas preparacións culinarias.

                           lapa1          lapa-3

LAPA INNOVACIÓN PROXECTO

 

Toda a información na páxina web do proxecto.