O C.I.F.P. Carlos Oroza pertence á rede pública de centros integrados de formación profesional da Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia. Foi creado no ano 1.996 mediante un convenio de cooperación asinado entre a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra.

A finalidade deste convenio foi dotar á provincia de Pontevedra dun centro educativo que dinamizase as ensinanzas da familia profesional de hostalaría e turismo e de industrias alimentarias, nun sistema integrado de formación, mediante o establecemento dunha oferta educativa de ciclos formativos, accións formativas para o emprego, programas de acreditación de competencias profesionais, e un espazo de cooperación entre o centro educativo e as empresas do sector, sendo este un dos estratéxicos da economía de Pontevedra, posicionando as Rías Baixas como un dos destinos turísticos principais do país.

Somos  50 profesionais que temos o obxectivo de proxectar á sociedade un ensino de calidade a través da innovación e o traballo en equipo, aportándolle  o valor engadido do saber facer. Dende xullo de 2012 o CIFP Carlos Oroza conta coa certificación  UNE-EN-ISO 9001/2008. Temos unha implicación e un compromiso claro coa calidade, como se retrata na nosa misión, visión e valores.

Oferta formativa