Recibir un premio sempre é un aliciente para continuar innovando, creando e cuestionándonos sobre como atender a públicos obxetivos para os que todavía non hai productos turísticos que atendan as súas necesidades.

Nesta línea de traballo, o profesorado do CIFP Carlos Oroza traballamos intesamente coa  fin de mellorar e completar a formación do alumnado na atención e servizo de usuarios e viaxeiros de toda tipoloxía, facendo un profundo e serio traballo de análise das súas necesidades non cubertas nas empresas de hostalería e turismo.

Este labor ven de ser recoñecido co premio ás boas prácticas de innovación educativa,cunha dotación de 10.000€,  pola docencia que amplia o currículo, e pola creación dun produto turístico accesible para persoas cegas.

Para elo realizáronse charlas de sensibilización con asociacións relacionadas con diferentes tipos de discapacidade como parte da formación en turismo accesible:

– OID, Organización impulsora do discapacitado,

-FAXPG, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia,

– Asociación Alba de familiares e amigos de enfermos psíquicos de Pontevedra,

– ASEM Galicia, asociación Galega contra as enfermedades neuromusculares,

– ONCE, organización nacional de cegos,

– asociación contra o cancro e xornadas de turismo accesible organizadas pola Mancomunidade de Arousa Norte.

Pero sen dúbida, unha das actividades estrela foi a visita guiada por Pontevedra coa Fundación ONCE.  O alumnado que finalizou os seus estudos de 2º de GUIAT durante o curso 2012-2013, tras recibir  formación no CRE, centro de recursos educativos da ONCE en Pontevedra,  e a través  dos módulos de Procesos de guía e asistencia turística e Deseño de productos turísticos  que imparten as profesoras Tina Otero Santiago e Rosa María Marcos León respectivamente, deseñaron e traballaron na creación dun produto turístico accesible para as persoas sen visión, que baixo a idea dun “ Para ti, para min…para todos” , concretouse na actividade PONTEONCE, visita guiada e xantar adaptado, éste a cargo do C.M. de  Cociña e gastronomía, e o C.M. de Panadaría, repostaría e confeitaría, e C.M. de Servizos en Restauración,  cos profesores Jacobo Otero, Elena Peleteiro e José Manuel Rey.

A colaboración coas institucións da cidade tamén foi un man a man que serve de exemplo para posteriores proxectos:

‐ Don Jose Ángel Abraldes Rodeiro, Director do Centro de Formación da ONCE de Pontevedra.

‐ Don Luís Bará Torres, concelleiro de Patrimonio Histórico de Pontevedra

‐ Dona Carlota Román García , concelleira de Promoción Económica e

Turismo.

‐ Dona Raquel Abollo Cuéllar, técnica en turismo do concello de Pontevedra.

‐ Dona Ruth Gonzalez Reyes, Xefa do servizo de turismo da Deputación de Pontevedra.

Dona María Ángeles Herrero Pérez, Xefa da área provincial de Pontevedra da axencia turismo de Galicia.

‐ Dona Marina Santiago López, Xefa da oficina de turismo de Pontevedra.

‐ Dona Elina González Álvarez, técnica de turismo de Turismo Rías Baixas.

Para ti, para min…para todos

Consellería de cultura,  educación e ordenación universitaria

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Pica no alfabeto braille para acceder ao álbum

alfabeto braille