O alumnado do 2º curso dos CS de Xestión de Aloxamentos e Guías, visitaron a Capital de Galicia o xoves 12 de decembro, de cara a coñecer as instalacións do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, referente internacional na organización e acollida de moitos tipos de eventos.

Tamén visitaron o Parlamento de Galicia, antiga escola de veterinaria de principios do S.XX, onde os representantes do pobo galego deciden o noso destino, incluso tiveron a ocasión de facer unha simulación de sesión parlamentaria.

Xa pola tarde,  os mozos e mozas do CS de Xestión de Aloxamentos fixeron unha interesante visita técnica a un antigo convento de monxas do S.XVIII, hoxe convertido no luxoso hotel AC Palacio del Carmen, mentres que os futuros guías puxeron en práctica moitos dos coñecementos e destrezas adquiridos cunha visita autoguiada polo percorrido expositivo da nova sede do Museo das Peregrinacións e da Cidade, situado no corazón de Compostela.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERAAccede ao álbum picando na fotografía