Sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying..maltrato…AUTOESTÍMATE

Esta semana arranca a 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, data, que nos lembra as 45 vitimas no que vai de ano, e as 703 na última década, datos que fan que nos ericemos, cifras ás que non se lle pode dar a espalda, como se non fose connosco, como se fose noutra sociedade que nos é allea.

En contra do que se soe decir, a mocidade sufre de maltrato, sexa baixo novas fórmulas on line  (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying…), sexa a través das relacións que manteñen con persoas achegadas.

Por iso, desde o ámbito educativo estivemos a preparar unha exposición que convida á unha reflexión intensa, non so ao longo desta semana. Pretendemos sensibilizar a tod@s sobre a importancia deste día que non debería ter razón de ser, pois ogallá ese virus da violencia (o abano é extenso) non fora tan contaxioso e virulento. A sensibilidad, a lucidez, o apoio, a valentía, a denuncia son os únicos antídotos.

O ficheiro XML non existe

E falamos de autoestima!

Esta proposta nace da nosa vontade, do noso cariño e solidariedade para coas vítimas, para co alumnado que tamén sofre, para sementar o AUTOESTÍMATE.

Violencia contra las mujeres -

Programa que desenvolveremos co alumnado ao longo da semana:

1. Exposición na entrada do centro:

—Auto-test de detección de malostratos, para él, e para ela, ” Semáforo da violencia de xénero, e se eu…?

— Reflexións do escritor Galeano.

— Caderno de linguaxe non sexista, textos de sensibilización AUTOESTIMATE.

O semáforo da violencia de xénero – Test

 2. Xogo de rol no corredor. Esta actividade realízase con todo o grupo pechando os ollos. Cada un dos alumnos e alumnas pode ir escollendo un dos atributos que están colgados dos  velcros. Cando abren os ollos len o atributo e todos deben responder ao unísono “home ou muller”.  Despois convídase á reflexión, sobre si esas características teñen que ver co xénero ou si son estereotipos que condicionan actitudes. Exemplo: valentía, fortaleza, sumisión, etc.

3. Linguaxe pexorativa, nas escadas  e fiestras do centro.

4. Curtos

Jugando a papá y mamá

El whatsapp y las parejas

El orden de las cosas

La huella invisible del maltrato psicológico

5. Mensaxes en marcha: diversas mensaxes ubicadas no centro que irán lendo pola súa conta ao longo da semana.

6. Presentación nos monitores dos corredores. 016 Teléfono do maltrato

maltrato