Hai 4000 mil anos, os nosos antepasados deixaron pegadas da súa  presenza a través de enigmáticas figuras gravadas nas rochas, convertendo Campo Lameiro  nunha das maiores concentracións de arte rupestre ao aire libre do continente europeo.

O alumnado de 1º Guía, información e asistencia turística e 2º Xestión de aloxamentos compartiron  unha aventura singular e percorreron un camiño cheo de adiviñas, transportándose á idade de bronce e tentando discernir sobre cal das hipótesis pode estar máis cerca do que significan os petroglifos: Chamáns, guerreiros, cazadores…

Álbum da xornada

O parque arqueolóxico de Campo Lameiro, memoria social de grupos humanos pretéritos das primeiras formacións sociais labregas, é amigo da  RGPA, rede galega do patrimonio arqueolóxico, ademáis de ter sido recoñecido como itinerario cultural do consello de Europa, xestionado pola asociación internacional  CARP, e integrado no itinerario cultural camiños de arte rupestre prehistórica.

Campo Lameiro é ademáis  un centro de referencia para o estudo dos gravados rupestres, tendo como prioridade a  conservación e protección dos petroglifos, e a investigación e divulgación, presentándoa ao público dun xeito rigoroso pero tamén ameno e atractivo.

De feito non fixemos so unha visita guiada, senón que tamén participamos dun obradoiro didáctico que nos aprendeu a coñecer a distribución deste espacio senlleiro, achegándonos aos petroglifos de Galicia a través dunha estratexia comunicativa chea de diversión,  ideas, e sentimentos.

O cervo, icona natural e sobrenatural representada nos petróglifos, acompañounos como un cicerone durante toda a visita,  desvelando algún dos seus segredos: variados deseños,  cazoletas, espirais e labirintos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, un lugar sen dúbida en Europa, de obrigada visita.