image

O noso  compañeiro Jorge Sánchez Verdeal grabando para o programa Revista de fin de semana. Está a facer un bacallao ao Pil-Pil e un lomo de venado. Que arrecendo e sabor!!!

O  programa que emite a TVG  os sábados e domingos na franxa horaria do mediodía, aborda numerosos temas de actualidade, ademais de incluir unha sección adicada á cultura gastronómica, viaxando a través dos restaurantes da nosa comunidade, e tendo a oportunidade de aprender da man dos mellores xefes de cociña, neste caso tamén profesor, todo un veterán na materia, ademais de colaborador en numerosas actividades do centro.

Carlos Seínz, cámara da TVG, xunto con Pemón Bouzas,  presentador do magazine Revista, achegáronse desta vez  aos fogóns  dun restaurante un tanto  peculiar, o do centro educativo CIFP Carlos Oroza, un centro público que abre as súas portas diariamente non so á comunidade educativa, senón tamén a toda a sociedade que desexe coñecer o bo facer dos futuros profesionais do sector.