Viaxe de inmersión lingüística

Do 11 ao 16 de decembro os grupos de CSALOX de ordinario e de Dual disfrutaron dunha viaxe de inmersión lingüística a Holanda.
Alí tiveron infinidade de ocasións de escoitar e falar en inglés, nun país na que a maioría dos seus habitantes o falan con soltura. Visitas guiadas en inglés en Amsterdam, La Haya e Luxemburgo, panorámica en inglés en Rotterdam, audioguias nos museos Van Gogh e Anna Frank en inglés, inmersión lingüística na cidade a través das tendas, supermercados e restaurantes, entre outros…
Inmersión cultural para coñecer este pequeño país da Unión Europea na que o noso alumnado e profesorado sentiuse acollido e ben recibido, e no que a pesar do frío disfrutou moitisimo de tódalas cousas que son diferentes ás nosas.
Grazas a todos os participantes nesta actividade que agardamos lembren por moito tempo como unha positiva experiencia!!