CLASE MAXISTRALOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un privilexio o que tivo o alumnado no día de onte. A visita do xefe de cociña do restaurante Pedro Roca, foi non so unha clase maxistral na que a concentración e atención do alumnado falaban por si soas, tamén unha oportunidade máis de afondar no coñecemento destes fungos,  quen non sendo capaces de producir o seu propio alimento ao non ter clorofila e non poder realizar a fotosíntese, si constitúen un auténtido deleite e alimento para todos nós.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Posteriormente, tivo lugar o xantar na  aula  restaurante Álvaro Cunqueiro cun menú  temático:

– Aperitivos: Tosta de revolto de ovos e cogumelos, pirulí de paspallás caramelizada e foie con mazá.

Entrante : Crema de cabaza con boletus e ovo de paspallás

Primeiro prato: Arroz meloso con perdiz.

Segundo prato: Estufado de xabarín e lombo de veado con verduriñas e cogumelos.

PEDRO 1º PLANO DECORANDO PEDRO ROCA

E como di o refrán, antes de ir apañar cogumelos, non so é necesario o coñecemento técnico e científico, tamén a sabiduría popular nos deixa un pequeno consello:

“Con lúa crecente, cesta menguante. Con lúa menguante, cesta abundante”.

BO PROVEITO POR PARTIDA DOBLE: camiñada na fraga, refogada coa culinaria.

ELABORACIÓN COGUMELOS PEDRO ROCA