Actividade participativa no día internacional do turismo

Review
0%
Summary Recibiunos a profesora organizadora do evento, Ana Santos, xunto co alumnado de 4º da ESO, e o profesorado acompañante. O venres 20 de setembro arrancou o primeiro Sofá con Tareixa Casal, profesora de turismo no CIFP Carlos Oroza, que analizou e convidou ao alumnado do IES Valle Inclán a que reflexionasen sobre o sector do turismo como motor xerador de emprego e de distribución da renta con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo, e que a OMT, Organización Mundial do Turismo, adica este ano ao “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos”, tendo como país anfitrión à India. Na charla suliñouse que aínda que a importancia da industria turística é evidente xa que aporta case un 12 do Produto Interior Bruto na economía estatal, dado o seu dinamismo tanto no que atinxe á demanda nacional como internacional, tamén é incuestionable que todavía quedan retos e desafíos nos que aplicarse e traballar: a capacidade de carga dos destinos e espazos naturais protexidos nos que é fundamental un equilibrio, a incursión da transformación dixital e revolución big data que obriga a reciclarse e replantearse a comercialización, a temporalidade, ou mesmo a irrupción de novas modalidades de aloxamento que todavía é necesario regular a nivel lexislativo tal e como apuntaba no coloquio un alumno de dito centro, e mesmo o consumo en equilibrio co entorno, dando prevalencia no sector da restauración a produtos km 0, xeradores de emprego cercano e máis respetuosos co medio ambiente. Como aspectos posivos destacouse o coñecemento e intercambio con outras culturas, que fai que as persoas sexamos máis tolerantes e afíns a outras maneiras de vivir e pensar, e na que Pontevedra vén de ser recoñecida como cidade na que o respeto é máxime, e o valor da xeración de eventos como mecanismos impulsores da xeración de emprego fóra da tempada estival, como a Feira Franca, Cantos na Maré ou a feira Pont Up Store que se desenvolve nesta fin de semana. Foi unha xornada moi enriquecedora e agradable. Grazas a Ana Santos polo convite, a Tareixa e ao alumnado participante.