Partimos dunha primeira sesión realizada co grupo de 1º de Xestión de Aloxamentos Turísticos, no que o obxectivo foi analizar cos mozos e mozas o mundo no que vivimos, a dinámica plantexada nos levou a falar,por unha banda, de contidos conceptuais (interdependencia, reparto equitativo da riqueza, co-responsabilidade, democracia, cooperación, equidade/igualdade, consumo responsable, etc.) e de actitudes, habilidades e destrezas (diálogo, escoita activa, respecto, resolución conflitos, confianza, empatía, solidariedade, compromiso, optimismo cara o cambio, etc.).
Tamén neste obradoiro tivemos un tempo para falar dos ODS (Axenda Internacional de Loita contra a Pobreza).
Foi un obradoiro tan práctico e dinámico que nos fixo reflexionar sobre todos os temas tratados. Ana educadora social representado a Solidariedade Internacional de Galicia enriqueceunos e fixo que empatizáramos coas reflexións plantexadas.  
A 2ª xuntanza onde estamos a intentar encher o globo-observatorio de cuestións vincuadas ao desenvolvemnto sostible. Traballamos sobre cuestións relacionadas co método científico de investigación. Esperando a 3ª visita.