E o noso alumnado, como en anos anteriores, sae de España para vivir novas exeriencias profesionais e vitais. O programa Erasmus permite a este alumnado realizar as súas prácticas nun entorno produtivo diferente co que aprender novas maneiras de facer as cousas, comunicarse noutro idioma, coñecer unha nova cultura, facer novas amizades…

Madeira, Dubrovnik, Malta ou Roma, foron algúns dos destinos elixidos polo noso alumnado para facer as súas prácticas en empresas. Estas fotografías amosan momentos do seu paso polas mesmas.

#aprenderfacendo