O xoves 22 de febreiro, o alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos e CS Guía, Información y Asistencia Turística trouxeron o glamour da camelia e dos anos 20 ao Liceo Casino de Pontevedra. Do mesmo xeito que Mónaco celebra o seu Baile da Rosa, Pontevedra celebrou o baile da nosa flor, a camelia, nun evento cheo de sorpresas.

Como unha das actividades encadradas no proxecto de innovación educativa “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa”, e dentro do seu módulo de Protocolo e Relacións Públicas o alumnado puxo en práctica todos os coñecementos adquiridos ao longo da sua formación (promoción 2016 – 2018). O equipo directivo do centro, os seus profesores, representantes de Turismo Rías Baixas e da Estación Fitopatoló-xica de Areeiro, ademáis dos seus compañeiros e compañeiras de primeiro ano foron os convidados a este baile de gala, polo que desfilaron personaxes relacionados coa camelia (Coco Chanel, García Lorca, Montero Ríos, Rosalía de Castro…). O alumnado explorou a parte do proxecto da camelia curiosa, indagando sobre a influencia da camelia nas obras dalgún dos artistas máis renomeados do século pasado, non só en Galicia senón en España e Europa.

Para este proxecto, os alumnos e alumnas organizadores planificaron ata o máis mínimo detalle; desde a recepción de convidados, deseño da invitación e sistemas de indicación de protocolo, hasta o deseño dos discursos e etiqueta requirida para esta especial ocasión (cabaleiros de esmoquin e damas de cóctel ou vestido longo) e todo relacionado coa camelia das Rías Baixas.

O evento iniciouse cun cóctel de benvida e photocall do “Baile da Camelia”. Tamén houbo unha entrega dos premios da Fundación “Raiña do Inverno” que rematou cunha cea de gala estilo anos 20, especialmente deseñada para esta ocasión polo chef Rubén González, exalumno do centro, no propio Liceo Casino de Pontevedra, marco incomparable para o desenvolvemento deste evento.