O pasado xoves, 1 de marzo, celebramos o noso quinto campionato de sumillería Suso Domínguez, que tiña un sabor moi especial:
O sabor da lebranza ao noso compañeiro Suso.
O sabor do viño galego co remate do noso percorrido polas DO galegas na DO Valdeorras, que brindounos todo o apoio e agarimo que necesitábamos para levar a cabo esta edición.
O sabor da sumilleria profesional, cun xurado dun nivel nunca acadado.
O sabor do futuro da sumillería, cuns participantes motivados e entregados.
O sabor do traballo de todo o profesorado e alumnado do noso centro, que durante moitas xornadas fixeron os preparativos para poder ser uns bos anfitrións.
Por eses sabores, que tanto nos gustan e tanto nos motivan, voltaremos nunha nova edición chea de novidades e de sorpresas, confiando en contar con todos os que ano tras ano nos acompañades, unha vez máis.

Vémonos en 2019.

Un millón de grazas!!

O noso maior agradecemento a:
D.O. Valdeorras Instituto Galego do Viño Terras Gauda DO Rías BaixasGuillermo Cruz Alcubierre VIDE, VIDE Yayo Daporta Eurostars Monasterio de San Clodio Eurostars Isla De La Toja Ies Montecelo Jose Soto @Augusto Augusto Morales Torres IES VILAMARIN Ies Fraga Do Eume Escola de Hostalería de Lugo IES Sanxillao Cifp Manuel Antonio Cifp CompostelaCIFP Paseo Das Pontes Hostelería Ies de Foz Deputación PontevedraEducación Concello de Pontevedra FPGalicia PACO & LOLA Escola De Hotelaria De Lamego Escola de Hotelaria e Turismo de Viana do Castelo Escola de Hotelaria e Turismo de Coimbra Lycée hôtelier Biarritz