O pasado mércores 28 de febreiro acollemos o Terceiro Encontro Internacional de Formación Profesional de Centros de Hostalería de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal. Un foro de intercambio de experiencias e de aprendizaxe que representa o reforzo ao aproveitamento de sinerxias a través da transferencia de coñecemento entre os centros de FP e as empresas.
Esta edición foi dirixida ao servizo de restaurante, co obxetivo de coñecer o traballo que se esta a facer sobre a innovación e as novas tendencias en sala.
Na xornada participaron preto de 300 persoas entre profesorado, alumnado e persoal da administración educativa, os Conselleiros de Cultura e Educación, e os Directores Xerais das respectivas comunidades autónomas, os equipos directivos dos centros de FP.
Grazas a todo o profesorado, persoal, alumnado e colaboradores por facer posible a realización deste evento

Seguimos a #aprenderfacendo