Coa Visita da EHT de Viana do Castelo as nosas “Cociñas Viaxeiras” concluiron a primeira etapa do “Camiño polas Escolas de Hostalería”. Un percorrido a través de intercambios bilaterais iniciado fai catro anos entre as Escolas de Hostalería e Turismo do Douro-Lamego, Coimbra, Viana do Castelo e CIFP Carlos Oroza, coa finalidade de aprender facendo xuntos e de construir un espazo de cooperación na formación profesional da hostalería e turismo dos dous lados do río Miño.
Nesta ocasión a Escola de Viana estiveron dous días no noso centro, compartindo experiencias enriquecedoras para a formación e a convivencia entre o alumnado e profesorado. O martes agasallaron cunha cea especial, un “Menú Miñoto” ofrecido polo alumnado e profesorado desta Escola para o alumnado e profesorado do Carlos Oroza, acompañados das Concelleiras de economía e turismo de Viana e Pontevedra, o Presidente do Camiño De Santiago Portugués D. Tino Lores, e o noso embaixador da Camelia D. Cándido Pazo.

Os nosos agradecementos a todo o alumnado, profesorado e equipos directivos dos centros por facelo posible. A todas as asociacións, institucións colaboradoras, adegas e ao IGAFA da Illa de Arousa.

Moi pronto “Cociñas Viaxeiras” segunda etapa.