A pasada semana varios grupos do noso centro coñeceron de primeira man cómo se desenvolve unha das feiras de turismo máis importantes do mundo: Fitur. Nela ademáis, tivemos a sorte de formar parte activa durante a presentación de Turismo Rías Baixas que convidou a formar parte do seu agasallo institucional aos nosos produtos do proxecto de innovación educativa “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa”, as nubes e as pastas. Mil grazas!
Como actividades complementarias visitouse Arévalo, o Museo do Prado, o Palacio de Congresos e a fermosa cidade de Segovia.
Pola sua parte, o alumnado de cociña e servizos, participou un ano máis, e xa van catro, na “Muestra Gastronómica” do grupo Eurostars na que participan máis de mil axentes de viajes, turoperadores, hoteleiros e outras persoas relacionadas co turismo.
En resumo, dúas actividades que enchen un pouco máis a mochila de experiencias do noso alumnado!
Moitas grazas pola profesionalidade amosada e a adicación que lle puxéchedes ás vosas tarefas.
#aprenderfacendo