P1250070

davila

 Son moitos por sorte os momentos gastronómicos no ano, pero se hai un que conleva uha aprendizaxe ligada ao lecer, é sen dúbida o outono. Esta semana arranca nas cociñas do CIFP  Carlos Oroza un programa completo ligado aos cogumelos e a caza. O alumnado de 1º CM Cociña e gastronomía e 1º CS Dirección cociña saiu ao veciño monte de Campañó á procura dunha descuberta: a dos cogumelos comestibles agochados entre as follas e ao abeiro de vellas árvores.

De volta aprenderon a clasificar axudados polo profesorado, e como non, rodeados dun fondo bibliográfico que saiu por uns días da biblioteca aos fogóns.

Ademais haberá un desfile de cogumelos, os mellores serán expostos nos corredores e aula cafetería Suso Domínguez, onde será servido un aperitivo con arrecendo a frío de outono.

La alacena roja