O venres 24 de novembro celebramos no CIFP Carlos Oroza as “I Xornadas de Hostalaria e Turismo” para o profesorado desta familia profesional de toda Galicia.
As xornadas, inauguradas pola administración educativa, non puideron ter mellor comezo que cun referente en marketing dixital e a innovación aplicada á hostalaria, Diego Coquillat que cunha magnífica ponencia puxo ao día ao profesorado sobre onde está e hacia onde se dirixe a relación cos clientes da hostelería e do turismo.
Despois dun café servido polo alumnado do CEE Príncipe Felipe, continuou a xornada con Agapito Muñiz, Noa, Sonia e Trini, catro marabillosos docentes de A Coruña que viñeron compartir as suas boas prácticas educativas, que tan bos froitos lles deron co alumnado.
O profesorado de hostalaria e turismo que desenvolveu proxectos de innovación, tamén tivo o seu oco para compartir a experiencia nos mesmos ao resto de compañeiros. Estas presentacións tiveron lugar durante unha “Sesión Vermú” durante un estupendo servizo do #CMSERV e #fpbasica de Cociña e Restauración.
E despois do fabuloso xantar realizado polo alumnado de #CSDIRCOC e #CSDIRSERV deuse paso aos obradoiros:
– Laura Rodríguez de Tetereta ensinando cómo facer un perfecto servizo de te.
– Rubén González de El Cafetín de Pontevedra explicando o camiño dunha tapa ganadora.
– David Veloso amosando cómo facer presentacións de impacto para o alumnado.
– Aitor Barbosa, experto en gamificación dando pautas para aprender xogando
– Mavi Rodríguez de CENP A Coruña adaptando as técnicas de interpretación do patrimonio á metodoloxía na aula.
E o remate da xornada tivo lugar cunha visita enogastronómica pola Boa Vila, que da de comer e beber a quen pasa.
Toda esta xornada non sería posible sin o profesorado e alumnado do CIFP Carlos Oroza, ao que agradecemos todo o esforzo e adicación para preparar este día, durante tantos días.
Moitísimas grazas a tódolos compañeiros que vos achegáchedes a estas “I Xornadas de Hostelería e Turismo”
Vémonos nas segundas xornadas!!
#aprenderfacendo