En Etiqueta Negra Gourmet 2017 desenvolvimos a nosa segunda participación nesta magnífica feira que da a coñecer principalmente o traballo dos pequenos produtores.
Un stand permanentemente atendido polo noso alumnado do #CSGUIAS e #CSALOX durante os tres días, unha masterclass o sábado pola mañá e un showcooking do alumnado do #CSDIRCOCDUAL e #CMSERV hoxe, son a bagaxe do noso centro nesta edición. Agardando a vindeira edición!!
Moitas grazas a todo o profesorado e alumnado implicado nesta colaboración.
Sempre #aprenderfacendo

Álbum de fotos de Etiqueta Negra: https://www.flickr.com/photos/109260888@N08/albums/72157688743347444