O pasado 26 de setembro, o CIFP Carlos Oroza estivo colaborando co concello de Pontevedra na presentación da nova edición de Etiqueta Negra Gourmet na que volveremos a estar cun stand e cun showcooking os vindeiros 28, 29 e 30 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Máis información na súa web: http://etiquetanegragourmet.com/
Aproveitouse a ocasión para facer a presentación oficial en #Pontevedra á prensa e aos pontevedreses. Para esta ocasión, o noso centro elaborou dous tipos de té, facilitados pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro, co que o alumnado elaborou un té con sandía e un té con cítricos, que fixeron as delicias dos asistentes nun caluroso día. Estas bebidas foron acompañadas dunhas pastas, que tamén incluían té na súa receita.
Moitas grazas aos representantes dos centros educativos socios no proxecto #PonteVan que estiveron presentes: IES Frei Martín SarmientoIES Montecelo e CIFP A Xunqueira
O noso vehículo de comida na rúa xa comezou a súa andadura!!
#aprenderfacendo #faceraprendendo

Álbum de fotos da xornada: https://www.flickr.com/photos/109260888@N08/albums/72157687403862554