O alumnado de primeiro curso do CS de Guía, Información e Asistencia Turística citábase esta vez para coñecer e disfrutar dos xardíns, do bosque e do pazo de Lourizán, conxunto coñecido coma “A Granxa de Montero Ríos” ou o seu apodado “O cuco de Lourizán” entre as xentes do lugar.

Esta actividade organizada polas profesoras Marta Abad e Eugenia de Sáa consistiu nun paseo comentado en galego e inglés, a través da historia persoal e profesional do prestixioso político e xurista galego D. Eugenio Montero Ríos, que fixou neste parque a súa residencia veraniega, á que el mesmo chamaba “Parque de las Rías”.

Durante a xornada percorreron os fermosos recunchos que esta propiedade todavía conserva: as fontes, edificacións, xardíns, hórreo, grutas… Contaron cun guía excepcional, o enxeñeiro agrónomo Jaime Blanco que foi presentando ao alumnado os aspectos máis destacados deste xardín histórico que conta con varias árbores recollidas no Catálogo de Árbores Senlleiras e cunha excepcional colección de camelias centenarias, bidueiros, araucarias, castiñeiros… e ata especies exóticas.

                              As árbores Senlleiras da finca     Descubrindo os segredos do xardín

Para finalizar o paseo e sentar todo o aprendido, disfrutaron dun boísimo té con pastas na maxestuosa mesa de pedra na que Montero Ríos solía reunir a súa familia, amigos e algún que outro político da época.

Continuamos así construíndo verdadeiros aprendizaxes!

Álbum da xornada