Neste post, presentámosvos a mobilidade que dentro do programa Erasmus+ “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia” 2016-1-ES01-KA102-024869 ven de ser realizada polos profesores Carlos Rodríguez, de servizos, e Francisco Orge, de cociña.

ROTA DAS ESTRELAS 2017 

HOTEL CLIF BAY 5*, Restaurante “IL GALLO D’ORO”, 2* MICHELÍN – Madeira

Esta mobilidade denominada “A Rota das Estrelas”, desenvolveuse durante unha semana no Hotel Clif Bay 5* de Madeira, na cal diferentes chefs de carácter internacional participan en servizos e eventos gastronómicos co obxectivo de promocionar e por en valor a gastronomía portuguesa.

Logo de coñecer as instalacións, os diferentes departamentos, o personal e o sistema de funcionamento do Hotel, os nosos profesores incorporáronse ao servizo para preparar intensamente, o grande día da Rota das Estrelas que tivo lugar no Mercado dos Lavradores, no centro de Funchal. Neste evento participaron varios chefs simultaneamente, cada un ofrecendo unha elaboración propia no seu stand. Entre os moitos chefs podemos mencionar os galegos Pepe Solla e Javier Olleros, a Diego Guerrero, Olivier Barbarín, Víctor Matos, Luis Pestana, Paulo Morais e un longo etcétera.

  galo de ouro

No afamado servizo do “Galo de Ouro”, os chefs Alexandre Silva, Henrique Sá Pessoa, Sergi Arola e Claire Verneil, ofreceron un menú composto por cebiche de pargo con algas, tartar de carabinero, bola de ovo con clara montada, cigala e caviar e presa de porco ibérico con purés de nabo e mango.

Desespiñado e despedazado de peixe, montaxe de buffet frío, colaboración na mise en place, preparación de aperitivos… moitas foron as tarefas desenvolvidas durantes estes días, e moita a aprendizaxe sobre a gastronomía portuguesa que de volta se trouxeron os nosos profesores.

Deixamos abaixo a presentación-resumo da súa estancia que eles queren compartir con todos nós.

Grazas e noraboa, Francisco e Carlos, pola vosa participación!!

 PRESENTACIÓN- ROTA DAS ESTRELAS 2017