Hoxe contámosvos unha nova etapa das “Cociñas Viaxeiras” que dende fai catro anos conectan o noso centro educativo con escolas de hotelería e turismo do norte de Portugal. Esta vez, o alumnado de 2º curso dos ciclos medios de servizos e cociña, viaxou a Lamego (Portugal) para compartir durante tres días, os seus saberes profesionais e continuar aprendendo sobre gastronomía, viños e servizo de sala nas escolas de hotelería e turismo Douro-Lamego e Santa María da Feira.

Ademáis da posta en práctica dos nosos servizos de montaxe da sala e elaboración dun menú moi especial para os nosos anfitrións, na visita puidemos probar pratos típicos elaborados polos compañeiros portugueses, coma o “bacallau” ou as “francesinhas”, irresistibles a todos os paladares.

          IMG_3307  Alumnos EHT

 


IMG_3431

Sen dúbida non olvidaremos a visita á Quinta da Pacheca, onde descubrimos un hotel rural con moitísimo encanto dotado unha coidada Bodega de Vinho do Porto. Alí explicáronnos o proceso de elaboración deste viño e incluso tivemos a oportunidade de catar un Tawny e un Ruby, dous tipos de Porto diferentes segundo o tempo de envecellemento. E xa postos en viños, pasamos ao Cava… Na Bodega Raposeira en Lamego aprendimos sobre o proceso de elaboración de espumantes e as variedades de uva utilizadas no cava. Sí, tamén catamos dous boísimos espumantes!!

 

Moitas grazas a Antonio García, pola túa compañía e polo álbum fotográfico desta actividade. E por suposto, os nosos agradecementos aos profesores e ao alumnado da EHT Douro-Lamego e Sta. María da Feira, pois coma sempre, a fantástica acollida deixa ganas de seguir viaxando convosco. Ata moi pronto!!

Álbum fotográfico