“Un pouco a pé e outro pouco navegando” o noso alumnado de 2º curso dos CS de Xestión de Aloxamentos turísticos e CS de Guía, ínformación e asistencia turísticas rematou o seu período lectivo no CIFP Carlos Oroza descubrindo unha Ruta Xacobea de Santiago e participando nun campus vivencial adicado ao emprendemento no sector turístico.

IMG_5350Nesta xornada coñecimos de primeira man as experiencias de empresarios galegos que ofrecen produtos e servizos turísticos innovadores que están a ter moito éxito de visitantes. Soledad Agra, de CASA DE ROQUE, e Fátima Rodríguez, fundadora de PROMOVE, consultoría especializada en proxectos de desenvolvemento local no eido do turismo e da creación de empresas, achegáronos verdades coma templos, por exemplo, que en todo proxecto o cliente é quen debe dirixir a nosa proposta de valor, ou que o elemento humano é fundamental para o éxito da nosa empresa.

 Taller 2

Con Manuel Lema, xerente da empresa “DO ARTESANATO”, visitamos as Cabanas do Barranco en Outes, uns singulares e innovadores aloxamentos turísticos situados entre ramas de árbores que nos deixaron a todos coa boca aberta. Tras 15 anos xestionando aloxamentos en plena natureza, Manuel incidiu en que cada cliente require experiencias diferentes de disfrute do noso entorno, por iso aposta fortemente polo turismo accesible a través das súas Cabanas sen Barreiras “en construcción” que estarán perfectamente adaptadas a persoas con diversidade funcional.

O alumnado desenvolveu nunha das cabanas un taller práctico sobre accesibilidade para clientes con diversidade funcional. Manuel quedou tan encantado co resultado do traballo do alumnado que sorteou una estadía nas súas cabanas entre os estudantes. Noraboa á gañadora desta experiencia, Dolores Salgueiro!!

IMG_5412

Xa pola tarde, chegamos ao encantador pobo mariñeiro de Carril, situado na Ría de Arousa, cuxas augas son testemuñas da Ruta Xacobea marítima. Eva e Luis Ángel, guías intérpretes da empresa de servizos turísticos CORTICATA, trasladáronos á Illa Cortegada, un bosque flotante integrado no Parque Nacional Illas Atlánticas, onde descubrimos e disfrutamos dos segredos mellor gardados da illa.

 

Levámonos moito aprendido! Grazas as empresas Casa de Roque, Promove, Do Artesanato e Corticata, polas vosas ensinanzas, e as profes Teresa, Elena, Tina e Marta pola organización desta actividade final cargada de enerxía emprendedora.

Deixámoste aquí o enlace a un xenial vídeo resumo que nos regala Do Artesanato ;-) Grazas!!!

Álbum de fotografías

IMG_5386