Un taller práctico sobre despiece de carne de porco celta e elaboración de embutido non é suficiente para resumir todo o que o alumnado do ciclo medio de cociña aprendeu durante esta actividade. Enmarcada dentro do programa Co-cooking da Corporación Hijos de Rivera, Encarni acompañounos a vivir unha experiencia de aprendizaxe inesquecible en A HORTA DE TEODORO, unha industria familiar artesana de Palas de Rei, especializada en porco celta. Xan e Saleta, recibíronnos no seu establecemento de carnicería onde todo estaba preparado para realizar dous talleres prácticos, un de despiece de carne e outro sobre o proceso de elaboración de embutido.

Xan explicounos que a carne do porco celta que eles mesmos crían, ten unha calidade e unhas propiedades particulares grazas á alimentación natural e a súa vida en liberdade. Entre outras, as súas carnes teñen un alto contido en ferro e un baixo nivel de calorías, e os seus ácidos grasos diminúen o nivel de colesterol. Pois, se encima está para chuparse os dedos… que máis se pode pedir!

E, ao choio! Lacón, segredo, chuletero, costillar, filetes… Grazas ás indicacións de Xan, despiezamos porco celta e porco branco de castaña, comprobando a diferenza das súas carnes e a textura das súas graxas. Grazas a Saleta, aprendemos tamén o proceso de elaboración de embutido: picado da carne, adobo, reencho, atado e secado. Por exemplo, agora entendemos a función da boliña entre chourizos e coñecemos a técnica das “tres Marías” no atado das pezas ;-))

Despiece grupoFullSizeRender_3IMG_2900

Logo de probar o buenííííísimo produto (esencial nun cociñeiro!) xa só quedábanos coñecer a inmensa horta onde se crían estes porcos celtas de raza autóctona. Puidemos achegarnos e tocar aos porcos, observar as súas características e gozar con Xan dun paseo con tradición e con proxectos de futuro cargados de valores de axuda social. Con esta filosofía, A Horta de Teodoro é, se cabe, aínda máis grande!

2 PORCOSPorquiños celtaPorquiños Paco

Din que cando unha aprendizaxe é significativa é máis difícil de esquecer, e sen dúbida, esta xornada reuniu todos os ingredientes deste tipo de aprendizaxe: sentimos curiosidade, descubrimento, novas sensacións, valores e recordos. Moitísimas grazas, Xan e Saleta!!  e tamén a Encarni, de Corporación Hijos de Rivera, pola organización desta fantástica actividade, por apoiar a formación dos nosos alumnos e pola súa grata compañía durante toda a xornada.

 

Álbum da xornada “A horta de Teodoro”

Grupo

 

 

Actividade na prensa: La Voz de Galicia 29.03. 2017 “Alumnos del CIFP Carlos Oroza aprenden a despiezar porco celta”