4º Certame de Sumillería Suso Domínguez
16 de marzo de 2017
CIFP Carlos Oroza, Pontevedra

O pasado xoves, día 16 de marzo tivo lugar a 4ª edición do Certame de Sumillería Suso Domínguez, que dende o ano 2014 vense organizando polo noso centro educativo co fin de visibilizar e por en valor as destrezas e as habilidades do servizo de sala e de viños entre o alumnado dos centros de formación profesional de hostalaría e turismo. Este certame ten un carácter moi especial e emotivo para a comunidade do CIFP Carlos Oroza, xa que naceu e perdurará no tempo para rendir homenaxe e lembrar ao profesor e compañeiro noso, Suso Domínguez.

13 alumnos, futuros grandes “sommeliers”, procedentes das escolas galegas de hostalaría e turismo, Asturias e Portugal, foron os grandes protagonistas desta xornada. E como non hai sommelier sen viño, escolleuse para coroar esta 4ª edición do certame a Denominación de Orixe Monterrei, que ampara as uvas e os viños da rexión sureste da provincia de Ourense, moi cerca da fronteira con Portugal.

Trala recepción e uniformado dos participantes, comezaron as probas técnicas nas que todos eles amosaron unha extraordinaria profesionalidade e dominio no coñecemento e tratamento dos viños, e que consistiron no seguinte:
• Cuestionario específico sobre a D.O. Monterrei,
• Nez du Vin 54 aromas, proba de identificación de olores.
• Identificación dun viño D.O. Monterrei entre 5 referencias dadas.
• Decantación tipo aireado dun viño da D.O. Monterrei.

                   IMG_2099         Decantación

No certame tivemos a sorte de contar con actuacións propias da sala, moi profesionais e tamén divertidas. José Manuel, de la Bodeguilla de Santa Marta, ofreceunos unha demostración comentada de corte de xamón e Carlos Abelleira abraiounos coa súa coctelería acrobática flair, que entre outros, serviu para calmar os nervos dos participantes do certame antes da entrega de premios.

Os premiados neste 4º Certame de Sumillería Suso Domínguez…
1º Mario Ayllón, do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra
2º. Yago Folgar, do CIFP Compostela, de Santiago
3º. Iryna Bobytchak, do IES Sanxillao de Lugo

A estes tres súpercampións e a Samuel Alves, Andrés Tejero, Alberto Fuentes, Mário André Leandro, Carlos Melo, Abel García, Sergio Vila, Carolina Loria, Gonçalo Plácido V.S. Coelho e Pablo Fernández Collado, NORABOA pola vosa extraordinaria participación e profesionalidade!! Entre todos nós, seguiremos apoiando a labor da sala, dos sommeliers e aos viños galegos desde a formación que se imparte no nosos centros cada día.

O gañador do certame Mario Ayllón, representando á nosa escola, e á súa profesora Maica Couto, … Parabéns polo teu premio! Foi unha grandísima alegría e un momento moi especial para todos os compañeiros e profesores do noso centro presentes no auditorio da Deputación de Pontevedra.

                       Premiados      Mario y Maica

Moitas grazas a todos os que nos apoian edición tras edición: Xoan Cannas director do Instituto Galego do Viño, unha honra para nós que presida o noso xurado. Martiño e Xosé de VIDE, VIDE que sempre nos ilustran con todo o que saben do mundo do viño. A Enrique Camiña, representante de Eurostarshotels pola súa aportación nos premios. Botamos en falta a Jose Soto e a Augusto Morales Torres, que nesta ocasión non puideron acompañarnos. O mesmo que José María Fonseca, o noso padriño e presidente de Terras Gauda D.O. Rías Baixas, que agasallau cun fantástico Magnum Terras Gauda personalizado para cada un dos participantes do certame. A todos, moitas moitas grazas, e confiamos en que nos acompañedes novamente na 5ª edición do campionato.

Un agradecemento especial a Luis Miguel López Núñez, Director Técnico da D.O. Monterrei, por acompañarnos e actuar como xurado nesta edición. E por suposto, a Oscar De Toro Santos, a José Manuel de La Bodeguilla De Santa Marta e a Carlos Abilleira, que nos deleitaron co seu bo facer.

AGRADECEMENTOS a todas as escolas participantes e ao profesorado preparador polo nivel amosado polos vosos alumnos. Sen vos, este certame non sería posible… Grazas a:

CIFP Paseo das Pontes
CIFP Compostela
CIFP Manuel Antonio
IES Sanxillao
IES Vilamarín
IES de Foz
IES Fraga do Eume
Escuela de Hostelería de La Armada, Esengra
CIFP Hostelería y Turismo de Gijón
Escola de Hotelaría e Turismo de Viana do Castelo
Escola de Hotelaría e Turismo do Douro-Lamego
Escola de Hotelaría e Turismo de Coimbra

Parabéns e grazas, ao alumnado e aos nosos compañeiros do IES Montecelo, por todo o voso traballo de Artes Gráficas, que tan fantásticamente sabedes facer. Noraboa á alumna Sarah Donald Silva gañadora do 4º Concurso de Cartelería deste Certame de Sumillería.

E un millón de grazas a todo o persoal e alumnado do CIFP Carlos Oroza que en cada edición colabora con todo o agarimo para que as cousas salgan o mellor que poidamos, sen vos… tampouco este certame sería posible!!

Álbum Fotográfico 4º Certame de Sumillería Suso Domínguez.

 Sala