Neste post presentámoste a doce e creativa campaña que o alumnado de 2º curso do ciclo de Panadaría, Respostaría e Confeitaría preparou a semana pasada con ocasión do día San Valentín. Eles, mellor que ninguén, queren contarvos en que consistiu esta xenial actividade… Bo proveito!!

“Como cada mércores durante a hora do recreo, abrimos o noso simulado negocio de panadaría e pastalaría “Edupan”. Sendo o agarimo o ingrediente imprescindible en todas as nosas elaboracións, esta vez quixemos transmitir cos nosos productos unha mensaxe moi particular: recordar que hai que dicir ‘quérote’ con todos os nosos feitos, do xeito máis doce que todas as persoas merecen. Pois claro!!! Con piruletas de chocolate intenso e frambuesa, galletas brancas e vermellas para os amigos, familia ou namorados, exquisitas tartas de fresas e nata con mensaxes persoalizadas, … 
Imposible non levarse algo !!

            20170215_110029 TARTAS20170215_123222 dAVID Y M

Senguindo fieis aos nosos habituais clientes, este día non podían faltar os riquísimos pans ou croissants e, como non, as nosas minipizzas con forma de corazón.

No obrador organizámonos en catro partidas de pastalaría, panadería, salgado e bolaría e alí traballamos durante dous días para crear un pedaciño de amor e respeto en cada bocado dos nosos clientes. Non fai falla dicir que aquí dentro, somos uns románticos…

  E que sería deste mundo sen amor? … Este equipo panadeiro e pasteleiro ten unha última mensaxe para vos que nos estades a ler. Sabemos que o amor é a expresión máis bonita do ser humano, o motor que move ó mundo, e dende aquí queremos diciros que ese motor, está dentro de cada un de nós, sen excepción. Amádevos! Amade! “

O alumnado de 2º CM de Panadaría, Repostaría e Confeitaría,
despídese ata o próximo bocado!
 20170201_101905 gRUPO