A Coruña, Vilalba e Lugo foron os destinos escollidos para desenvolver esta interesante actividade didáctica na que durante dous días o alumnado de 1º e 2º curso de CSALOX e CSGUIAS tivo oportunidade de realizar prácticas para mellorar a súa aprendizaxe.

O primeiro día, o grupo viaxou A Coruña onde realizaron unha magnífica panorámica en inglés da man dunha guía oficial e unha visita ao Hotel Hesperia Finisterre guiados polo seu Director. Na hora de xantar estábanos esperando os nosos compañeiros do CIFP Paseo Das Pontes que conquistaron os nosos paladares cunha estupenda comida. Moitas grazas aos profesores e aos alumnos que nos atenderon magníficamente!!

O alumnado de Guías continuou a xornada coa visita da vila de Betanzos e o grupo de aloxamentos dirixíase a coñecer o Attica 21 Hotels de Vilalba, onde se aloxou todo o grupo. Visitaron as instalacións do hotel, e durante o día seguinte realizaron prácticas de recepción e pisos. Queremos agradecer a Bruno, o director, por permitirnos esta grande aprendizaxe.

 

16507974_982574388539557_2867735559944252229_n16508735_982574655206197_7858546703870051156_n16711898_982574075206255_2381939205713354097_n

Ao día seguinte visitamos Cultura e Turismo de Lugo, unha cidade que sorprendeu ao noso alumnado pola súa beleza, polas súas tapas, e tamén pola súa néboa que nos acompañou parte da mañá. Para coñecer esta cidade, fíxose unha visita guiada en castelán e francés coa guía oficial Beatriz: a Muralla de Lugo, a Catedral de Santa María de Lugo, o Camiño de Santiago,… foron algún dos recursos visitados. Non olvidamos o espectacular Hotel Monumento Pazo de Orbán e Sangro.

E para rematar, prácticas de guía no Castelo de Pambre, que impresionou ao alumnado pola súa maxestuosidade, as súas vistas e os seus accesos…

Grazas ao alumnado pola súa profesionalidade, e ás profesoras polo seu estupendo traballo nesta intensa actividade. Foi unha experiencia inolvidable de convivencia, compañerismo e coñecementos, e unha nova oportunidade de aprender facendo!!

Deixámoste aquí o Álbum da actividade.

16711605_982573471872982_4238831410994139343_n