Alí estivemos. Alumnos e profesores do noso centro acudimos á 18ª edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico “Xantar” celebrado en Ourense entre os días 1 e o 5 deste mes de Febreiro e que se configura como unha fiestra da calidade da gastronomía de Galicia a outros lugares do mundo, para favorecer o turismo de proximidade e estreitar relacións comerciais entre empresas do sector.

IMG_1437
O Salón contou cunha gran variedade de actividades tanto para profesionais como para o público en xeral: conferencias, talleres didácticos, showcookings ou cursos de catas nas que o noso alumnado tivo a oportunidade de participar. Uns preferiron o Túnel do viño, onde catar as características propias das variedades autóctonas galegas dos viños con Denominación de Orixe de Galicia: CRDO Monterrei, CRDO Ribeiro, CRDO Valdeorras, CRDO Rías Baixas, … Outros escolleron o Túnel do queixo ou o Showcooking Panamá, no que o Chef Charlie Colins explicou os segredos da gastronomía panameña e dos pobos indíxenas, en tanto elaboraba un delicioso “serén de maíz novo con langosta”.

IMG_1443 cocido

Dentro do Aula Gastronómica do Salón tivemos ocasión de compartir espazo coa nosa amiga Escola de Hotelaría e Turismo do Douro-Lamego (Portugal). Profesores e alumnos de ambas escolas ofreceron aos visitantes o showcooking “Un cocido, dous países, un mundo de sabores”. O noso agradecimiento á Entidade de Turismo Porto e Norte de Portugal pola organización da actividade.

O broche final ao noso paso por XANTAR puxérono Xabier Pereira e Marcos Sánchez, alumnos de 1º do CS Dirección de Cociña-Dual, que coa súa sobremesa “Espectograma del vino” obtiveron o 2º premio no Concurso “Cocinar con Vino”, de Bodegas Docampo.

Parabéns Xabier e Marcos polo premio e xenial receita, e ao voso profesor, Manuel Cordido, polo seu traballo e implicación.

                    DSCN2733IMG_1436IMG_1434 p - Copia

Vémonos na 19ª Edición !!!

Álbum Xantar 2017