Abrir a mirada non é o mesmo que abrir os ollos, igual que oír non é o mesmo que escoitar. Durante tres sesións de coworking o alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos tomou consciencia individual da importancia que ten ser bos xogadores de equipo, sen dúbida todo un reto a entrenar de por vida como exercicio vital de discernimento e reflexión. Trátase de percatarse de que o mapa non é o territorio.

Da man de Mariem, Cristina, Noelia e África, coworkers do Espacio Arroelo, descubrimos dunha maneira lúdica e divertida, que cando falamos e comunicamos dámoslle importancia as nosas palabras pero as persoas que as escoitan as interpretar moitas das veces nun sentido diferente; foi sen dúbida, unha das reflexións e dos aprendizaxes dos obradoiros que realizamos.

Archivo_002Archivo_000

Outra das achegas foi comprobar a importancia de recoñecer as emocións dos membros do teu equipo antes de arrancar coa partitura do día que tes por diante. Porque cada día é un día diferente, e así somos cada un de nos tamén diferentes cada día. Compartir ese sentir axudará na construcción dos valores e na consecución dos obxetivos do grupo, aínda cando as motivacións e obxetivos de cada membro sexan ben distintos.
FullSizeRender
Para finalizar, reflexionamos sobre como funcionamos en equipo, pechando a actividade cun decálogo e acordo de como continuar cando as cousas se poñen difíciles. Este segue sendo o reto.

Grazas Tareixa pola organización desta actividade, e ao grande equipo Mariem, Cristina, Noela e África por axudarnos a construir.

Álbum de fotografías.