Segundo o dicionario da RAE calma é o “estado da atmosfera cando non hai vento”. A este mesmo estado de serenidade debemos achegarnos en caso de presenciar unha situación de urxencia que requira a nosa axuda ata que chegue a asistencia médica profesional. Xa. Sabemos que non é nada fácil, pero tamén sabemos que actuando correctamente podemos lograr que as lesións do accidentado non empeoren.

Todo o alumnado de primeiro curso do noso centro participaba así nun taller práctico sobre Urxencias e Primeiros Auxilios da man de Catuxa Lagarón, enfermeira e voluntaria da Cruz Vermella. Catuxa incidiu en que os primeiros minutos tras un accidente son vitais para a vítima, por iso debemos actuar con RAPIDEZ recordando a conduta PAS: Protexer (a ti mesmo, o lugar e ao accidentado) – Avisar ao 112 – Socorrer ao ferido.

 foto post

Aprendemos as regras básicas a ter en conta ante un accidente coma son conservar a calma, evitar aglomeracións, non mover ao accidentado, non darlle de beber nin medicalo ou permanecer cerca do ferido. Ademais representamos a posición lateral de seguridade (PLS), a manobra de Heimblich para o caso de atragantamento e a reanimación cardiopulmonar ou RCP. Como dixo Catuxa, a RCP pode salvar unha vida, logo debémola realizar ata que a vítima se recupere, ata que chegue a axuda sanitaria ou ata que non podamos mover nin un músculo máis.

Isto e moito máis sobre actuacións en caso de hemorraxias, lipotimias, convulsións,… E ate case sabemos xa utilizar un DESA que, para os que non asististes á xornada, é un desfibrilador semiautomático ;-)

Desde aquí o noso maior agradecemento a Catuxa e á Cruz Vermella por esta formación VITAL para todos.  Grazas tamén ao Departamento de FOL pola organización da actividade.

Álbum da xornada

8