Necesitas un plano?
Algunha información sobre lugares que non podes perderche na nosa cidade?
Quizais sobre arte, gastronomía ou outra curiosidade?
Unha visita guiada para coñecer os encantos da nosa cidade?
Tamén si es de Pontevedra …

 

Os alumnos de 2º curso do CS de Guía realizaron unha saída para coñecer in situ os principais puntos de información turística de referencia da cidade de Pontevedra. Referímonos ás Oficinas de Turismo de Galicia, Turismo Rías Baixas e Turismo Municipal Casa da Luz, que comparten o obxectivo de converter Pontevedra nunha cidade turística atraendo gran cantidade de visitantes durante todo o ano.

Durante a xornada visitamos as oficinas, explicáronnos os diferentes servizos que se ofrecen ao visitante, os que teñen máis demanda, a documentación que entregan, …

A actividade rematou cunha visita guiada realizada por Raquel Abollo, guía de Pontevedra que nos contou a súa longa experiencia neste campo, moitas anécdotas e algún que outro truco para enganchar e namorar (da cidade ;-)) ao turista.

               IMG_20170118_134718IMG_20170118_110528

Moitísimas grazas por acollernos nas oficinas e permitirnos aprender de vós, en especial a Raquel Abollo.

E ás nosas profesoras de turismo María Lorenzo, Tina Otero e María José Lores… GRAZAS !!!.