Non é tarefa fácil reflexionar sobre o itinerario profesional que cada un elixe para si mesmo. É máis, a maioría das veces a formación, a profesión ou as empresas para as que traballamos, non son nin sequera escollidas por nós mesmos, senón que son froito da elección ou influencia doutras persoas ou de circunstancias fortuitas da vida.

No módulo de Formación e Orientación Laboral o alumnado dos primeiros cursos, reflexionou e analizou os obxectivos profesionais que cada un proponse acadar a medio prazo. Uns máis claros, outros máis difusos, e outros simplemente saben o que NON queren. Isto xa é bastante!!

 

img_0136

Nesta actividade cada alumno confeccionou o seu itinerario persoal e profesional a través dunha liña do tempo de etiquetas debuxadas por eles mesmos, marcada por tres momentos clave: o seu nacemento, o momento actual e o ano 2026.

Por unha banda, representaron as súas habilidades persoais e profesionais, a formación adquirida e experiencia profesional, isto é, o seu currículum vitae en debuxos, ata a data. O primeiro gran reto foi o contestar a preguntas do tipo como son?, como me ven?, que sei facer?, que me gusta?, ou que é importante para min?.

E doutra banda, con miras ao ano 2026, detectaron os seus obxectivos profesionais, as necesidades formativas, as empresas onde lles gustaría traballar…  Como te ves dentro de 10 anos?, onde che gustaría estar traballando?, que che gustaría estar facendo?, que che falta para conseguilo? A primeira reacción dos alumnos foi, en xeral, a esperada:  Uffff, de aquí a alá…  O reto das profes de FOL: “Si, de aquí a alá, vas ter que empezar agora, ou entón non sucederá”. Así que anotade, temos unha cita pendente de comprobación dentro de dez anos…..

Como anécdota compartimos con vos este comentario que nos encantou: “Non sei que estás facendo en FOL, pero estache facendo pensar” (dito pola nai dun alumno ;-)) Pois deso se trataba non?, dunha actividade de reflexión persoal, autocoñecemento e creatividade do alumnado.

E para terminar a actividade, decidimos unir todas as nosas liñas do tempo en forma de dúas maxestuosas árbores de Nadal que engalanaron o lugar que compartimos, o noso centro. O toque navideño aportouno o alumnado de 2º de panadería co seu traballo de elaboración de adornos a base de pan. Moitiiiísimas grazas!

Alumnado de FOL, bo traballo. Moita sorte e a por eses obxectivos!

#Feliz 2017                         

img_0668Pica na imaxe para acceder ao Álbum desta actividade

img_0771img_0525bo-nadalimg_0542